Skip navigation

A TÍA ROSA

 

A nosa entrevistada foi Rosalía Abeijón Gónzalez. Naceu o 16 de Xulio de 1918 en Insuachán,unha aldeiña de catro casas  coma quen di,Boiro,.Agora reside en Moimenta nunha aldea tamén,ás aforas de Boiro.

Pertenecente a unha familia numerosa de 9 irmáns e ela a única muller,polo que fomentou a dureza da súa vida.Como ela di “parecía escraviña”.

Filla dunha campesiña e un garda bosques.

Tivo 7 fillos ,que por palabras de 2 deles defínena como “unha nai forte e moi loitadora,á que todo o mundo quer e sempre ten a porta aberta para todos”.

Rosa,ós seus xa 90 anos vive sola e sérvese de si mesma,polo menos o indispensable.

Sen dúbida,se tod@s nos parasemos a escoitar a súa complicada vida,aprenderíamos moito máis do que pensamos..

 

 

 

 

Despois desta pequena introducción deixámosvos algunhas das preguntas da entrevista.

 

 

 

 

 

n      ¿Cando vostede era pequena,recorda si había corrente eléctrica na súa casa? ¿E na dos veciños?

        Non,daquela non había luz en ningún lado.

 

n      ¿Qué tipos de aparellos eléctricos tiñan?

Non había lavadora nin nada,lavábase e lavábamonos nas brañas e nun rego fóra que pasaba pola porta mesmo,sempre levaba auga fora cal fora a estación.Poñían cañerías para que fora por alí.

         E esta auga era a que consumíamos para beber,cociñar..

 

n      ¿Tiñades radio ou televisores?

Non había nada de nada,en ningunha das casas da aldea,nin das dos arredores.

 

n      ¿Había auga quente?

         Non había nin auga corrente.

 

n      ¿Había bombona?

Que ía haber..

 

n      ¿Cómo quentaban a casa no inverno?

Cos fornos de leña e as lareiras.A corte dos animais estaba debaixo ou pegada ás casas e tamén daban calor.

 

n      ¿Cómo cociñaban,con qué métodos?

Nunha lareira cun trespés e cunha ola cativa,a que había..colgados enriba do lume.

E ca auga do rego.

 

n      ¿De onde procedían os alimentos?

Íase á vila,ás veces de 15 en 15 días que ía un camión e repartía alimentos.Como ós negriños agora.

E o que se cultivava,non había máis.E ás veces nin ovos tíñamos que llos había que dar ó cura.

 

n      ¿En que viñan envasados os alimentos que consumían?

         Non había alimentos envasados.

         Cando iamos ó monte metíanse en tapers e sen quentar.

 

n      ¿A onde ían parar os restos orgánicos que se producían na súa casa?

       Non había inodoros,íase ás cortes dos animais.Tan siquera         

       tiñamos roupa interior.

 

n      ¿Había contadores e recollida de lixo?

Apenas había lixo nin restos de comida,aproveitábase todo.Era raro que houbese ata para botarlle ós animais.

 

n      ¿Qué abono se utilizaba?

O esterco,aínda que tamén era escaso.

 

n      ¿Con que iluminaban as casas pola noite? ¿Había iluminación na calle?

Na casa iluminábamonos con candís de gas,que era máis barato ou co lume das lareiras.

Na calle non había iluminación ningunha,atacaban os lobos e defendíamonos con cañotos das leitugas.

 

n      ¿Coñecían moita xente que tivera coche,moto,tractor..?

Non,non había nada diso,iamos a andar ata onde fose.

Por exemplo eu ía ata a Puebla levar cereixas,andando e ca cesta na cabeza.

E despois bicis,pero moi poucos tiñan a sorte de ter unha.

 

n      ¿Qué medios de transporte utilizaban para desplazarse?

Iamos a pé.Polo monte,entre toxeiras e camiños mal marcados.Non había estradas.

E ás veces tiñamos que ir descalzos.

 

n      ¿Cómo se comunicaban?

Cando nos víamos polos camiños ou no campo.Onde máis nos atopábamos era na igrexa,aínda que a min non me deixaban ir nin ós meus irmáns,ía miña nai soa.Parecíamos escraviños. 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sen máis esperamos que vos parecese tan interesante coma a nós.

)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2 Comments

    • opasodotempo
    • Posted Novembro 14, 2008 at 1:29 am
    • Permalink

    salg0 virolla losé!jajaj(sesé)

    • opasodotempo
    • Posted Novembro 15, 2008 at 12:45 pm
    • Permalink

    eii nosé porqué pero se nos ocultaron las preguntas:S pasarle por encima y ya se leen !


Deixar un comentario